O Concello da Lama mellorará o abastecemento de auga en catro núcleos rurais
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello da Lama e a Deputación de Pontevedra van realizar actuacións de mellora do abastecemento de auga nos núcleos rurais de Fentosa-Campo, Ventoselo, Paradela e Gaxate.
As obras sairán a licitación por un importe que supera os 71.706 euros e inclúen a construción de dous novos depósitos de 50 metros cúbicos cada un, que estarán situados en Ventoselo e outro en Fentosa-Campo, ademais das correspondentes conducións a todos os núcleos habitados. A Xunta de Goberno da Deputación deu o visto bo a estas intervencións.
A petición foi trasladada polo alcalde da Lama, Jorge Canda, ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, nunha reunión na que expuxo esta demanda realizada polos veciños das zonas afectadas.