"Por orden del alcalde no se atienden emergencias"
Por Oskar Viéitez
A base do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo tiña este venres pegadas na porta dúas nota nas que se lía: "Por orden del alcalde no se atienden emergencias".
Desde o PSOE explicaron que este cartel colocouse despois de que o edil de Seguridade e Emerxencias, Xoán Pérez, ordenase "non saír a atender ningunha emerxencia mentres haxa só dúas persoas no retén de garda".
O GES de Sanxenxo, que conta con 17 persoas, funciona en quendas de 24 horas. O centro vive nun conflito laboral co goberno local, que pretendía reorganizalo con quendas de 8 horas. Unha sentenza deu a razón aos traballadores e, ademais, obriga a que en cada quenda diaria haxa un retén mínimo de 3 persoas.
O portavoz do PSdeG-PSOE de Sanxenxo, Fernando Otero, tivo coñecemento de que a orde do alcalde, "comunicada hoxe de malos modos polo concelleiro Xoán Pérez, ten tamén un componente de represalia" polas publicacións realizadas polos traballadores do GES nas súas redes sociais, advertindo de que hoxe só habería dous operarios, dado que o Concello non cobre as baixas laborais.
E é que despois dun longo tempo "desconectados de las redes sociales" para "ser prudentes" debido á xudicialización do conflito laboral aberto co Concello de Sanxenxo e como "muestra de buena voluntad", os traballadores do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo compartiron no seu perfil de Facebook as súas críticas ao goberno local pola reorganización do servizo no ano 2021.
Naquel momento, o Concello decidiu que Emerxencias de Sanxenxo pasasen a ofrecer servizo 16 horas e non as 24 horas diarias para, segundo explicou entón o goberno local, evitar a duplicidade de servizos co parque de bombeiros de Ribadumia e ante o alto custo que o GES local supoñía.
"Con la sentencia ya firme, la cual da la razón a los trabajadores en todas sus reclamaciones" como restaurar o antigo sistema de quendas ou manter por seguridade un mínimo de 3 efectivos de garda "el Concello reitera sus incumplimientos y desprecios hacia los trabajadores de este servicio", denuncian os membros do GES.
"Siguen jugando con nuestra seguridad y la de todos los vecinos, degradando un servicio que durante años ha sido referente en toda Galicia, llevándonos a situaciones de grave riesgo laboral y obligándonos a tener que elegir si queremos jugarnos la vida en cada servicio", engaden na súa publicación.
"Desde este medio día, tenemos orden directa del Alcalde, el Sr. Martín, de no atender ninguna emergencia", publicaron este venres no seu perfil do Facebook.
"Una vez más incumpliendo la sentencia que obliga a que presten servicio un mínimo de tres efectivos y encontrándose solamente dos efectivos de guardia, toma esta decisión inexplicable. Ese es su plan para una una noche de San Pedro en la que hay autorizadas multitud de hogueras, además de las emergencias ordinarias que puedan ocurrir", advertiron os traballadores do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo.