Localizan con vida o septuaxenario desaparecido o martes en Vilagarcía
Por Natalia Puga
Pepe Dieste Suárez, o home de 79 anos e especialmente vulnerable desaparecido en Vilagarcía, foi localizado con vida.
Segundo a información confirmada pola Policía Nacional, o home foi localizado na contorna do encoro de Castroagudín, en Vilagarcía.
O home apareceu desorientado e presentaba un golpe nunha perna que se fixo moi posiblemente por unha caída nun regacho próximo ao encoro.
Localizouno este xoves una das persoas voluntarias que participaban no dispositivo de procura. Tras aparecer sobre as 20.20 horas, foi trasladado en ambulancia ao hospital.
Este septuaxenario foi visto por última vez na zona de Trabanca Sardiñeira, na parroquia de Carril, o pasado martes 25 de xuño e localizado dous días despois.