Empezan as rebaixas de verán na milla de ouro
Desde este xoves 27 de xuño arrincan as rebaixas de verán nas tendas físicas das marcas Zara, Oysho, Massimo Dutti, Stradivarius, Pull&Bear, Lefties y Bershka.
Ao calendario fixado polo grupo Inditex sumáronse Mango e Parfois que tamén iniciaron este período de descontos significativos no que xa levan unha semana instaladas outras marcas como Sfera, Bimba y Lola, Women'secret, H&M, Scalpers e Silbon.
Atrás quedan xa aquelas rebaixas de verán que empezaban o 1 de xullo e duraban ata finais de agosto. No ano 2012 se liberalizaron estas campañas e agora as tendas establecen as súas propias datas aínda que son as grandes compañías do sector as que adoitan marcar a pauta para seguir. Especialmente o xigante do téxtil Inditex.
Nestes anos tamén variou a estratexia das marcas. Nos días previos ao comezo das rebaixas, nas súas páxinas web, xa adiantan os descontos que aplicarán ás súas pezas e mesmo abren a venda en liña.
Toda unha lexión de influencers, cazadores de tendencias, persoas expertas en moda e medios de comunicación apúranse para aventurar que pezas de roupa serán "virais" contribuíndo a publicitar de maneira gratuíta estes produtos.