Unha moza resulta ferida ao envocar o seu coche en Nanín
Por Redacción
Unha moza resultou ferida e tivo que ser trasladada ao Hospital Domínguez tras sufrir un accidente a primeira hora da mañá deste venres en Nanín, no Concello de Sanxenxo.
Segundo informou o Servizo Local de Emerxencias de Sanxenxo, o sinistro produciuse ás 07.45 horas no punto quilométrico 14,40 da PO-308, á altura de Nanín (parroquia de Bordóns).
O vehículo implicado é un Seat Ibiza que, por motivos que se descoñecen, envorcou e quedou coas rodas cara a arriba no medio da estrada.
Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da Policía Local e do Servizo Local de Emerxencias e, como consecuencia do sinistro, foi necesario inhabilitar o carril en dirección a Sanxenxo.