Once locais participan na primeira 'Ruta do Pucheiro' do Grove
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Grove vivirá entre os días 14 e 23 de marzo a primeira edición da 'Ruta do Pucheiro', unha iniciativa coa que os hostaleiros pretenden "avivar o ambiente do pobo".
En total serán 11 os locais que se suman a esta ruta, na que os clientes poderán degustar, por 1,50 euros, unha selección creativa de tapas de culler, con nomes como "Monte do Destino", "Marea Negra" ou "Cardando a lana".
Os establecementos que participan son: O Lagar da Platería, Casa Abel, A'd Mariña, Rúa Vella, A Tapería, Picotea, Salitre, Balcón Café, Buenos Aires, Metropol e Meloxeira.
Entre todos os que completen a ruta e selen o folleto que atoparán en todos os bares, entrarán no sorteo de diversos premios, como 11 ceas para dúas persoas.
Para completar o programa da 'Ruta do Pucheiro' crearase tamén un concurso a través de Instagram que consistirá en fotografar do xeito máis creativo posible as tapas e subilas á plataforma social coa etiqueta #pucheirosdogrove2.0.