O PP pide ao Concello de Pontevedra que poña en marcha un plan estratéxico especialmente enfocado no emprego xuvenil
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular pediu ao Concello de Pontevedra que poña en marcha un plan estratéxico especialmente enfocado no emprego xuvenil.
Segundo explicou o concelleiro do PP, Guille Juncal, este plan que propoñen incluiría a creación dun espazo de coworking municipal, no que leven a cabo diferentes actividades, eventos, formacións e asesoramentos para emprendedores "destinadas a ofrecer un itinerario individualizado que responda a sus necesidades en cada paso de su proceso", cun servizo de acollida e diagnóstico inicial, unha mentorización a través de formación e experiencia práctica, apoio e asesoramento individualizado e asesoramento tamén tecnolóxico e para a dixitalización das empresas.
En segundo lugar, os populares propoñen ao Concello a creación da marca 'Pontevedra Emprende' baixo a cal ofrecer diferentes servizos aos novos emprendedores desde apoio para a creación e rexistro dos seus proxectos empresariais ata asesoramento sobre o modelo de negocio.
Por último, o PP insta o goberno local a "fortalecer" os convenios e acordos asinados coas diferentes entidades, asociacións empresariais de Pontevedra, así como coa propia Universidade de Vigo. "Cremos que é fundamental que todas estas asociacións, AJE, APE, Foro empresa, etcétera, participen tamén deste plan e deste proxecto", sinalou Guille Juncal.
Segundo resumiu o edil do PP, este plan "dirigido a empresas y personas emprendedoras" que ten como obxectivo atender ás necesidades actuais e aos novos modelos de negocio "basados en el uso intensivo de las tecnologías de la información y la comunicación en la innovación, sobre la base de un nuevo modelo de acompañamiento a los emprendedores" e baixo os principios de colaboración e cooperación dos axentes económicos e sociais do territorio.
"Las opciones son muchas y diversas. Ahora solo hace falta un gobierno y un alcalde ambiciosos", manifestou Guille Juncal que sinalou ao rexedor da capital Miguel Anxo Fernández Lores para dicir que "lleva muchos años sin hacer lo que es mínimamente exigible para crear ecosistemas favorables a la creación de empleo o a la atracción de empresas".
"El señor Lores lleva años sumido en el más absoluto conformismo político en esta materia, un conformismo que unido a su falta de ambición ha llevado a Pontevedra a ser concebida por sus propios ciudadanos como una ciudad dormida y que no aprovecha las múltiples posibilidades que tiene", sentenciou Guille Juncal.
Relacionadas:
-
O Concello e a Xunta desenvolverán solo en Pontevedra para novas vivendas protexidas
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Propoñen un tren de proximidade que una Pontevedra e Vigo con Viana do Castelo
Por Redacción |
-
A Deputación organiza dous cursos para formar os máis pequenos en competencia dixital
Por Redacción |