![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a67/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66798ab691-dsc00809.jpg)
© Concello de Ribadumia
Promoven a creación dunha comunidade enerxética local en Ribadumia
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O Concello de Ribadumia estuda a viabilidade de crear unha comunidade enerxética local.
Trátase dun proxecto colectivo en que veciños, empresas e o Concello asócianse para xestionar a súa propia enerxía, sempre que se atopen nun radio máximo de 2 quilómetros en relación ao punto de produción da enerxía fotovoltaica.
Este aproveitamento enerxético supón un considerable aforro nas facturas enerxéticas das persoas que participen desta comunidade.
A intención do goberno local é poñer a disposición desta comunidade enerxética as cubertas dos edificios de titularidade municipal para a instalación dos paneis fotovoltaicos que xeren enerxía renovable para o autoconsumo colectivo.
O alcalde de Ribadumia, David Castro, ven de manter unha reunión de traballo co deputado provincial, Javier Tourís, e cos técnicos da Oficina de Transformación Comunitaria + Renovables para estudar posibles apoios a este proxecto.
O desexo do alcalde é que se destine unha porcentaxe da enerxía fotovoltaica producida para ás persoas en situación de vulnerabilidade enerxética.