Unha muller cae ao pantalán do porto de Sanxenxo e chama ao 112 co seu reloxo intelixente para pedir axuda
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Poucas incidencias reseñables deixou en principio na comarca a noite de San Xoán, no que está relacionado directamente coa celebración popular.
En total o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia recibiu 298 avisos de incidencias ao longo da noite en toda a comunidade.
As máis numeros foron as solicitudes de asistencia sanitaria (98), pero outras tiveron que ver con queimaduras (8) ou con golpes sufridos ao saltar as fogueiras. Tamén se rexistraron numerosas peticións ás forzas da orde (60) por pelexas, roubos ou vandalismo, mentres que se reportaron 23 casos de incendios provocados por fogueiras fóra de control.
Unha das incidencias máis curiosas ocorreu en Sanxenxo, e é que unha muller caeu ao pantalán do porto e recorreu ao seu reloxo intelixente para solicitar axuda ao 112. Acudiron a socorrela efectivos do servizo municipal de Emerxencias Sanxenxo, aínda que cando chegaron xa tiña saído da auga.
Ademais, tamén en Sanxenxo, rexistrouse un deses pequenos incendios por mor dunha fogueira. Ocorreu en Gondar por unha cacharela que non cumpría as normas de seguridade, segundo informa o goberno local.
Relacionadas:
-
Ata 47 actividades diferentes conforman a programación de verán en Sanxenxo
Por Redacción |
-
"Por San Xoán, a sardiña molla o pan"
Por Redacción |
-
San Xoán espanta o 'meigallo' á calor das fogueiras
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Sanxenxo autoriza 23 fogueiras de San Xoán en praias e espazos públicos
Por Redacción |