As vacacións escolares empezan con festa nas rúas de Pontevedra
As vacacións de verán están xa aquí para os escolares pontevedreses, que lle deron a benvida ao grande.
Ás celebracións programadas polos diversos centros educativos seguiulle xa pola tarde a tradicional festa de fin de curso organizada polo Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
As prazas do centro histórico encheron de actividades e diversión entre as 16.30 e as 20.30 horas, con inchables, xogos, obradoiros e outras propostas lúdicas como un rocódromo de 8 metros.
Toneladas de diversión que concluíron coa sempre divertida festa da escuma na Praza da Pedreira.
Unha celebración merecida tras meses de esforzo nas aulas, ás que os escolares non volverán ata o próximo 11 de setembro.
Festa Fin de Cole do CCU Zona Monumental
O Centro Comercial Urbano Zona Monumental organizou este venres a súa tradicional festa de fin de curso con xogos, obradoiros e actividades en diferentes prazas do centro histórico culminada cunha divertida festa da escuma na Praza da Pedreira
© Mónica Patxot