A inflación provocou un aumento de usuarios nas ONG de Marín
Por Redacción
"A suba de prezos nótase enormemente nas economías domésticas e, por tanto, na asistencia social". Así o trasladaron os representantes das ONG de Marín (Amenac, Ayuda en Acción Sor Elvira, Cáritas, Cáritas Santomé e o Comedor Social) á concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, e a concelleira Mónica Viqueira durante a reunión de seguemento realizada durante esta semana.
Neste encontro, os representantes das asociacións explicaron que se nota a inflación económica tanto no número de persoas usuarias como nas doazóns, "que son máis modestas".
Ademais de analizar esta situación, actualizaron os datos das familias, coa finalidade de evitar duplicidades e optimizar a axuda social que se presta desde as entidades.
Pola súa parte, o Concello adiantou que, ademáis das subvencións nominativas, sufragaranse todos os custes de transporte das doazóns que as ONGs reciben do Banco de Alimentos e que xa está tramitada a axuda que fai anualmente a organización Humana de 2.500 euros en materia de limpieza e hixiene personal.
Finalmente, fixeron un balance das actividades solidarias realizadas durante o verán, que resultaron moi positivas, tanto a nivel de recadación de fondos como de sensibilización da cidadanía.
Relacionadas:
-
O Banco de Alimentos de Pontevedra solicita voluntariado durante o verán para continuar atendendo a demanda
Por Redacción |
-
Estudantes do obradoiro de emprego realizarán prácticas no Centro de Día
Por Redacción |
-
O programa "Nais" atende en pontevedra a 26 mulleres en risco de exclusión con menores ao seu cargo
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Marín prepara a contratación dos próximos anos do servizo de axuda a domicilio por case 7 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |