Unha decena de fogueiras veciñais iluminarán a noite de San Xoán en Pontevedra
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Pontevedra prepárase para a noite máis curta e 'meiga' do ano, San Xoán.
Segundo confirmou o Concello, autorizáronse 153 fogueiras no municipio tras a pertinente comunicación.
A gran ausencia da noite será a cacharela que organizaba tradicionalmente a Asociación de Veciños Eduardo Pondal, pero outras dez entidades veciñais e sociais da Boa Vila si organizarán fogueiras.
Trátase da Asociación Veciñal A Pedreira (nos terreos da antiga Tafisa), Cultural de Mourente, Cultural da Piolla, Amigos do Camiño Portugués, O Mirador de Monte Porreiro, Casino Mercantil, Asociación Recreativa de Xeve, Asociación de Veciños de Ponte Muíños, Salcedo Norte e a Comisión de Festas de San Cibrán de Tomeza.
En canto aos particulares, recibíronse peticións desde todas as parroquias e tamén en zonas perimetrais da cidade.