Un cadro da pintora Patricia Piñeiro, imaxe das Festas do Carme 2024
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/395/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/667464ceaf-img_2724.jpeg)
© Concello de Marín
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a50/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6674651581-cartel-festas-do-carme.jpg)
© Concello de Marín
Un candil que aluma o futuro e que protexe aos mariñeiros e a mirada dunha Virxe do Carme moi especial. Esa será a imaxe do cartel oficial das Festas do Carme de 2024, que foi presentado este xoves no Concello de Marín.
Foi a propia autora, a pintora Patricia Piñeiro, xunto a Richard Pazos, de Céltica Arte e Cultura, e acompañada da alcaldesa María Ramallo e a edil de Festas, Marián Sanmartín, a que explicou o seu significado, cunha representación da virxe unida coa importancia do mar.
De feito a súa coroa aparece feita con elementos como cunchas e o seu manto son redes e algas.
"Ademais, a virxe leva na man un faroliño, que é unha áncora e leva grabado a base da farola de Marín, a carriola de Manuel Torres, que representa o centro histórico da vila, testemuña de todos os cambios e na que ademais aparecen os mariñeiros", sinalou Piñeiro.
A pintora asegurou ademais que foi un encargo moi emotivo porque "eu nacín na véspera do Carme, o que influíu moito en que esta Virxe teña un valor simbólico especial para min".
"Os mariñeiros son os verdadeiros heroes, moi por riba doutros nomes ou persoas que tenden a ter máis protagonismo ou repercusión", afirmou.
A pintura, que poderá verse en directo na Casa do Concello, ilustrará agora coa súa imaxe o cartel e a programación das festas.
Neste sentido a responsable dos festexos, Marián Sanmartín, avanzou que "nos próximos días xa poderemos ter dispoñible na web do Concello e pouco a pouco en papel, a programación completa e por días do verán".