Clase de Bailoterapia da UNED Sénior
Exhibición de alumnado de máis de 55 anos na Praza da Peregrina
© Mónica Patxot
A rexuvenecer co baile na praza da Peregrina!
Un grupo de cen estudantes maiores de 55 anos tomaban este xoves 20 a Praza da Peregrina para ofrecer unha exhibición das diversas coreografías que levan practicando ao longo do curso académico da UNED Sénior.
Numerosos viandantes quedaban sorprendidos ante o ritmo e o bo facer destes entusiastas bailaríns que mostraban bailes latinos baixo a dirección do profesor Luciano Ricardo Gomes dos Santos.
Tras a espectacular sesión, o docente recibía unha banda por parte do alumnado dedicada "ao mellor profesor".
Todos os participantes din que ao longo do curso aprenderon moitísimo sobre ritmo e, sobre todo, gozaron intensamente das clases de Bailoterapia que a UNED ofrece en Pontevedra.
Rafael Cotelo Pazos, coordinador de Extensión universitaria e de Actividades Culturais, era o encargado de clausurar o acto co desexo de que aumente o número de participantes para o próximo curso.
Clase final de Bailoterapia da UNED Sénior
Alumnado de máis de 55 anos realizaba unha exhibición dunha sesión de baile este xoves 20 na Praza da Peregrina
© Mónica Patxot
Relacionadas:
-
Demandan xudicialmente á UNED por impedir o uso do galego
Por Oskar Viéitez |
-
Récord de participación nos cursos de verán da UNED
Por Oskar Viéitez |
-
A UNED de Pontevedra aproba o orzamento e o Plan Académico docente do curso que vén
Por Oskar Viéitez |
-
O grupo de teatro da UNED Sénior pon en escena a obra "En Ciernes"
Por Redacción |