Empresarias Galicia celebrou o seu foro no Castelo de Soutomaior
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/db5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66740d0e3c-20240620_luisa-sanchez_emprempresarias-galicia-soutomaior1.jpeg)
© Deputación de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a1a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66740d2ff1-20240620_luisa-sanchez_emprempresarias-galicia-soutomaior.jpeg)
© Deputación de Pontevedra
As alianzas para o impulso financeiro, a tradición e a innovación na Galicia natural, a innovación empresarial e a comunicación social corporativa déronse cita no Castillo de Soutomaior, con motivo do VI Foro Empresarial, organizado por Empresarias Galicia.
Este foro é un proxecto pioneiro en Galicia que se converteu nun referente para a muller empresaria, autónoma e directiva. O seu obxectivo é visibilizar e promocionar a figura da muller no ámbito empresarial, profesional e social.
No encontro deste xoves reflexionaron en catro mesas de debate sobre as "Alianzas para o impuxo financeiro", "Galicia natural: Tradición e innovación", "Innovación empresarial" e "Comunicación social corporativa".
O Foro Empresarial está enfocado a un amplo público obxectivo de sectores moi diversos, un evento de calidade co que están envorcadas as empresarias galegas, e con moi boa repercusión a nivel autonómico e nacional.
A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez deu a benvida ás participantes e asistentes ao Castelo de Soutomaior, un importante recurso turístico da provincia de Pontevedra, propiedade da institución provincial, e no que as persoas participantes neste foro puideron gozar dunha visita guiada.
A vicepresidenta provincial asegurou que "nunha sociedade que nos segue impoñendo barreiras ás mulleres, é fundamental non só que cheguemos ao máis alto senón que se organicen foros coma este, onde se visibilicen os vosos logros e se compartan as vosas traxectorias, coñecementos e visións para que a sociedade se beneficie delas establecendo sinerxías".
Por iso, Sánchez lembrou que neste foro "coñecemos exemplos de que é posible romper o teito de cristal" grazas a un grupo de mulleres que son "un exemplo de fronte común ante os maiores retos e ameazas ás que nos enfrontamos".
A vicepresidenta da Deputación defendeu ademais que "temos que ver estes espazos como unha oportunidade non para mirarnos ao embigo, senón para amosarlle ao mundo o profesionais que somos e o moito que temos que aportar como líderes".