Pontevedra, unha cidade 'orgullosa'
Por Redacción & Mónica Patxot
Un acto público reivindicativo, coa colocación dunha pancarta no balcón da Casa do Concello, serviu para inaugurar os actos previstos en Pontevedra polo Día do Orgullo LGBTIQA+.
Representantes da corporación local despregaron a lona como mostra de apoio ao colectivo dunha cidade 'orgullosa'.
A programación deseñada con motivo do Día do Orgullo terá a súa primeira cita o vindeiro domingo 23 de xuño cun vermú do programa municipal Pinto e Maragota no Campiño de Santa María, onde se celebrará un "San Xoán diverso" amenizado cun DJ e coa degustación de petiscos.
Durante toda a semana, celebraranse diferentes eventos como a Mostra Internacional de Cinema LGBTIQA+ de Pontevedra, charlas, unha homenaxe á mestra María del Carmen del Valle o propio Día do Orgullo (venres 28 de xullo) e unha gran festa final o sábado 29 de xuño no parque das Palmeiras.
Relacionadas:
-
Pontevedra homenaxea á 'Señorita Carmiña': "O diferente non é malo, só é diferente, pero á súa vez igual"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
A Alameda de Marín será o epicentro das actividades do Día do Orgullo
Por Redacción |
-
Cunha bandeira no balcón, a Subdelegación do Goberno súmase ao día do Orgullo
Por Oskar Viéitez |
-
Un San Xoán diverso e con orgullo
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Un encontro con Omar Banana complementará as proxeccións da cuarta edición de Ambienta
Por Alejandro Espiño |
-
O Día do Orgullo en Pontevedra, con máis "carga política" e cunha gran festa nas Palmeiras
Por Alejandro Espiño |