A Garda Civil investiga catro empresas de transporte e a tres centros técnicos pola manipulación de tacógrafos
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil investiga a 10 persoas como presuntos autores dun delito de falsidade documental, ao manipular os tacógrafos instalados en camións.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, esta operación culminouse despois dunha complexa investigación que se inicia en xuño de 2023, tras a detección, por parte de axentes especialistas en transporte pertencentes ao Destacamento de Tráfico de Pontevedra, dun camión con indicios de manipulación dos parámetros de calibración do tacógrafo.
Ese vehículo foi trasladado a un centro técnico autorizado onde foi seometido a unha revisión extraordinaria, que constatou a suposta manipulación consistente na alteración dos parámetros de calibración do tacógrafo, para desta forma falsear os datos correspondentes á velocidade, alterando o limitador de velocidade que teñen instalado obrigatoriamente este tipo de vehículos.
Esta operación foi bautizada como 'TruckPO1' e foi levada a cabo polo Grupo de Investigación do Subsector de Tráfico de Pontevedra (GIAT) xunto cos Gardas Civís especialistas en transporte de Pontevedra.
No trasncurso da investigación detectouse a catro empresas de transporte que, en conivencia con tres centros técnicos, executaban, de maneira continuada, os citados ilícitos. Estas empresas dedicábanse principalmente ao transporte de marisco e peixe.
Ao alterar os tacógrafos, os camións superasen a velocidade máxima permitida, para así poder beneficiarse no cumprimento dos horarios de recollida e entrega nos respectivos destinos, ademais da vantaxe que iso supón no cumprimento da normativa referente a tempos de condución e descanso.
En consecuencia, esta práctica delituosa xera un grave prexuízo, en primeiro lugar sobre a seguridade viaria, crecendo de maneira exponencial a gravidade do risco a medida que un vehículo de gran tonelaxe aumenta a súa velocidade, xa sexa no que respecta ao risco de sufrir un accidente de tráfico, así como á gravidade das consecuencias do mesmo.
En segundo lugar, con este modus operandi dificúltase o labor de inspección dos axentes, xa que os datos observados non recollen datos reais, ademais de ser partícipes dunha clara competencia desleal sobre o resto de empresas do sector.
A execución destes feitos supón a suposta comisión dun delito de falsidade documental, o cal pode conlevar penas de prisión de seis meses a tres anos, agravándose ditas penas se os feitos prodúcense de maneira continuada.