Unha condutora bébeda agride aos axentes da Policía Local e negarse a acudir á Comisaría
Por Oskar Viéitez
A Policía local detivo na noite do xoves unha muller por agredir aos axentes e negarse a acudir á Comisaría para ser identificada, logo de dar positivo nunha proba de alcoholemia.
Segundo informou o Concello de Pontevedra, esta muller circulaba pola avenida de Bos Aires cun vehículo no que tamén ían outras dúas mulleres e un home cando foi parada polos axentes que se lle solicitaron facer a proba de alcoholemia.
Logo de varios intentos sen completar a proba, finalmente consegue rematala e dá un resultado positivo de 0,64 mg/litro por aire respirado.
Como a condutora non levaba documentación que acreditase a súa identidade, os axentes pedíronlle ser trasladada á comisaría para ser identificada.
No momento de entrar no vehículo e tras ser advertida por unha das súas acompañantes, a muller, deixou de colaborar, sentouse na beirarrúa e tratou de fuxir golpeando aos axentes que o impedían.
Finalmente foi traslada á Comisaría.
Relacionadas:
-
Ferido un motorista nunha colisión contra un coche en Poio
Por Oskar Viéitez |
-
Rouba aceite e anchoas nun supermercado de Pontevedra e véndeos a un comercio de Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
Tres feridos nunha pelexa en Valdecorvos na que a nai dunha das vítimas sacou gas pementa
Por Natalia Puga |
-
Aplausos no hospital para un garda civil pontevedrés atropelado nunha persecución
Por Redacción |