Aplausos no hospital para un garda civil pontevedrés atropelado nunha persecución
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Marcos Troitiño a vida cambioulle por completo hai case un ano. Este garda civil, natural de Pontevedra e destinado en Castelló, foi atropelado cando perseguía a dous sospeitosos de roubar nun centro comercial. O suceso causoulle graves secuelas físicas e neurocognitivas.
Foi o 30 de xuño de 2023. Marcos estaba fóra de servizo. Quixo truncar o roubo con tan mala fortuna que foi atropelado e trasladado, en estado crítico, a un hospital local.
Tras percorrer varios centros hospitalarios da xeografía española, chegou o outubro ao Instituto de Rehabilitación Neurolóxica de Vithas Vigo, cun trastorno neurocognitivo maior grave, denominado síndrome confusional post traumático.
En só unhas semanas, mellorou en todos os procesos cognitivos, púidoselle retirar a traqueostomía e a sonda gástrica. A nivel motor, aos poucos recuperou o control de tronco e logrou manter a sedestación de maneira autónoma e iniciar o traballo de marcha.
Despois dun ano de recuperación, Marcos Troitiño xa está na casa. Recibiu o alta hospitalaria e, para celebralo, uns corenta axentes da Garda Civil e a Policía formaron un corredor de honra para aplaudir ao seu compañeiro cando este abandonaba o centro.
Un dos axentes presentes, dirixiuse ao seu compañeiro para lembrarlle o apoio familiar que recibiu durante todos estes meses e agradecerlle a dedicación ao servizo público. O capitán da Garda Civil en Vigo entregoulle unha figura en nome de todos os seus compañeiros.
O garda civil xa é independente en actividades básicas da vida diaria.
Así, pode chegar a ducharse en por si, tragando e comendo con total normalidade e, aínda que require cadeira de rodas para moverse -que se autopropulsa el mesmo-, é capaz de realizar a marcha cun andador e a axuda da fisioterapeuta ou dos seus familiares.
Os médicos que lle trataron, xunto á súa determinación e apoio familiar, conseguiron que recupere boa parte da súa mobilidade e autonomía, aínda que aínda mantén importantes secuelas do grave atropelo.