19 medidas para loitar contra o paro entre os menores de 30 anos
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presentaron este xoves o Plan de Emprego Xuvenil 2014-2015.
Unha ferramenta que suma un orzamento de preto de 100 millóns de euros e beneficiará a uns 95.000 mozos.
Trátase de axudas para a creación de pemes ou realización de investimentos en novas empresas; bolsas formativas para realizar proxectos de mellora das pemes galegas; accións formativas e de titorización en emprendurismo; becas de promoción exterior; bolsas de traballo de xestores IGAPEX en internacionalización; contratación de xestores en internacionalización; e accións formativas e formación en ferramentas de creación e xestión de empresas para aquelas persoas que teñan unha idea pero non coñezan as ferramentas para levala a cabo.
Entre as medidas novidosas destacan a regulación de prácticas laborais para mozos cualificados ou a posta en marcha dun programa de atención preferente no Servizo Público de Emprego de Galicia para mozos que nin estudan nin traballan.