"Se mo pedides, seguirei moito tempo máis", afirma Lores na presentación do seu libro
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/39e/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6669f6f6aa-20240612-patxot-pincelada-lores-0009.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/270/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/6669f71753-20240612-patxot-pincelada-lores-0006.jpg)
© Mónica Patxot
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/dd5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/6669f75402-20240612-patxot-pincelada-lores-0011.jpg)
© Mónica Patxot
O Pazo de Mugartegui acolleu este mércores a presentación do libro 'Unhas pinceladas sobre Lores' no que a xornalista María Núñez e o polifacético concelleiro César Mosquera repasan a figura de Miguel Anxo Fernandez Lores con motivo dos 25 anos como alcalde de Pontevedra.
Tratouse do primeiro dos actos organizados polo BNG para homenaxear ao veterano rexedor nacionalista.
Lores estivo arroupado dos compañeiros da corporación local, de membros dos anteriores equipos de goberno, pero tamén acudiron a este acto representantes destacados do mundo da cultura e a sociedade local.
'Unhas pinceladas sobre Lores' é un libro de 96 páxinas que relatan experiencias vividas ou contadas por Miguel Anxo pero "non é unha biografía" segundo aclararon os seus autores.
O propio alcalde non dubidou en compartir cos presentes que a primeira vez que encabezou a lista do Bloque díxolle á súa muller que "unha e non máis".
Este mércores, sorrindo díxolle á súa muller "agora xa sabes que serán moitas veces máis".
"Sempre que mo pidan e o fagan con educación, seguirei decíndolles que si", dixo Lores entre os aplausos do público.