Inauguran o parque de actividade física na Avenida de Bos Aires: "Os deportistas dixéronnos que facía falta"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Pontevedra conta desde este mércores cunha nova zona destinada á actividade física deportiva, con diversos aparellos que foron instalados na Avenida de Bos Aires, na contorna da ponte dos Tirantes.
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores foi o encargado de inaugurar as instalacións acompañado entre outros de Javier Gómez Noya e de Pablo Dapena.
"Era unha necesidade, por parte dos deportistas que se achegaron hoxe aquí nos dixeron que facía falta", afirmou o rexedor sobre unha instalación que "é un parque realmente bo, xa non só para deportistas individuais, senón tamén para equipos deportivos que queiran achegarse e aproveitar as distintas máquinas".
Ademais, destacou Lores, tras o atraso na súa posta en funcionamento polas difrentes localizacións que se barallaron previamente, situouse finalmente "ao carón da Illa do Covo, zona na que é coñecida pola cantidade de corredores e corredoras que se achegan… Agora poderán completar o seu adestramento ou os seus estiramentos aquí".
Segundo aseguraron na estrea os elementos instalados son de alta durabilidade e contan con códigos QR nos que explican os exercicios que se puden realizar e cos que mesmo monitorizar a actividade usando uso dunha app.