Máxima tensión entre o Náutico e SOS Panadeira tras arder un pilote dos novos pantaláns
Por Alejandro Espiño
O conflito entre o Náutico de Sanxenxo e a plataforma SOS Panadeira alcanzou as súas cotas máximas de tensión. As posturas entre ambas partes están máis distanciadas que nunca e tralos incidentes que se produciron este martes, con denuncias por agresión polo medio, a contorna da praia de Panadeira converteuse no escenario dunha batalla campal. E todo polo incendio que se produciu nun dos piares dos novos pantaláns.
O club asegura que foron integrantes de SOS Panadeira os que, na tarde deste mércores, plantaron lume a esta estrutura. "Puxeron bolsas, pneumáticos e botaron gasolina", apuntan desde o Náutico. Varios dos seus operarios do acudiron a apagar as lapas con varios extintores e foi entón cando comezou un violento enfrontamento cos veciños, como se pode apreciar no video remitido desde o departamento de comunicación do Real Club Náutico de Sanxenxo.
O Náutico asegura que os veciños realizaron "a súa acción máis violenta e grave desde que comezou a obra". Afirman que persoal do club foi agredido e retido na rampa de acceso á praia de Panadeira para impedirlles controlar o incendio. "Afortunadamente a presenza da Garda Civil, que tamén foi increpada, permitiu restablecer a orde", sinalan. Denunciaron os feitos e presentarán unha demanda por danos e prexuízos.
Desde SOS Panadeira, unha das súas portavoces, Guadalupe Gómez, asegurou que o incendio produciuse por accidente. "Bajamos a la playa para rodear el pilote con bolsas llenas de ropa vieja y no sabemos cómo pero empezaron a arder", explicou a PontevedraViva. En todo caso, reitera que os danos foron "mínimos" xa que a estrutura está construída con material ignífugo e non sufriu estrago algún.
O que si se produciu "a propósito" foron os incidentes posteriores. Guadalupe Gómez asegura que o Náutico de Sanxenxo "está en plan macarra", unha posición da que responsabilizan especialmente a César Elizaga, membro da directiva do Náutico. "Han perdido el rumbo, están locos", sinala a portavoz da plataforma, que acusa ao club de contratar a xente para agredir os veciños.
"Han perdido el rumbo, están locos", sinala a portavoz de SOS Panadeira, que acusa ao club de contratar a xente para agredir os veciños
A última agresión produciuse, segundo a plataforma, esta mesma tarde. Tería sido, segundo Gómez, a mans do propio Elizaga. "Le pegaron una paliza a un señor de casi 70 años y acabó rodando por una rampa", sinala. "Su hijo estaba fuera de sí y tuvimos que pararle". Por iso é polo que insista en que "estamos muy cansados", pero entende a tensión que hai entre os veciños porque "si ves que pegan a tu hijo o a tu padre, haces algo".
Os membros de SOS Panadeira aseguran "tener mucho miedo" porque recorda que eles son tan só "cuatro pringados de pueblo" que se opoñen á obra dunha empresa privada "y ellos responden a golpes". Asegura que eles teñen catro partes de lesións "y más que podríamos haber denunciado, pero fuimos tontos", e reta ao Náutico a que ensinen os seus "porque no tienen ninguno".
Desde a plataforma insisten en que manterán a súa oposición á construción dos novos pantaláns e esperan que impere a "cordura" e cesen as agresións aos seus integrantes "simplemente porque es una obra que el pueblo no quiere".
O NÁUTICO DEFÿNDESE
O propio César Elizaga recoñeceu a PontevedraViva ter empuxado este señor, "y al estar en una rampa se cayó", pero matiza que "vino por la espalda y me pegó un puñetazo desde atrás". Asegura que sente o ocorrido pero que se tratou dun "acto reflejo". Di non entender por que os veciños non permitían aos operarios apagar o lume e nega ter contratado a ninguén para agredirlles. "Si tienen pruebas que las saquen", afirma.
O Náutico de Sanxenxo solicitou un aumento na protección tanto das súas instalacións como dos seus empregados "y esperamos tenerla pronto". Neste sentido, fan un chamamento ao Concello de Sanxenxo porque din que "echamos de menos que defienda la legalidad vigente" e unha condena ante os ataques que aseguran estar recibindo. "Entraron al club y agredieron a nuestros empleados y no han dicho nada", segundo Elizaga.