Rescatan o ocupante dun turismo, atrapado tras envorcar en Vilagarcía
Por Redacción
Un vehículo envorcaba, por causas que se investigan, na tarde deste luns en Vilagarcía co resultado de dúas persoas feridas.
O accidente rexistrábase ás 18.02 horas na Avenida de Agustín Romero, no municipio de Vilagarcía de Arousa.
Ata o punto acudían profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ademais dos Bombeiros de Vilagarcía, xa que as persoas que alertaron ao 112 Galicia advertían de que había, polo menos, unha persoa atrapada no interior do vehículo.
Ao chegar os efectivos de emerxencias comprobaron que un ocupante permanecía atrapado.
Foi necesaria a colaboración dos bombeiros para liberalo para que recibise asistencia médica. Segundo indica, o 112 no coche tamén había unha segunda persoa, que precisou atención sanitaria.
No operativo tamén interviñan axentes da Policía Local e efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias.
Relacionadas:
-
Un camión impacta contra un turismo avariado en Portas deixando catro feridos
Por Redacción |
-
O condutor dun turismo resulta ferido tras sufrir o impacto dun camión cisterna en Caldas
Por Anxo Lourido |
-
O caso da adolescente ferida ao caerlle encima un farol na Rúa Barón, en mans do xulgado
Por Natalia Puga |
-
Feridos os condutores dun patinete e unha bicicleta que chocaron na praza de España
Por Redacción |
-
Buscan os ocupantes dunha furgoneta accidentada na Autovía do Salnés
Por Redacción |
-
Falece un motorista tras sufrir unha caída en Vilanova
Por Redacción |