Interceptan un condutor en Caldas ao circular a 167 km/h na estrada a Santiago
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O mozo G.M.P, de 31 anos de idade e veciño de Pontevedra, foi interceptado durante a xornada do martes 25 pola Garda Civil de Tráfico como suposto autor dun delito contra a seguridade vial, por exceso de velocidade.
O condutor circulaba nun Peugeot 406 dirección a Santiago pola estrada N-550, no termo municipal de Caldas de Reis, cando foi detectado polo radar do Destacamento da Garda Civil de Tráfico de Pontevedra a unha velocidade de 167 km/h cando nese punto, tal e como establecen os sinais verticais, o máximo de velocidade se sitúa en 70 quilómetros por hora. Trátase dunha zona na que coinciden varias vivendas e a incorporación de vías secundarias.
O mozo deberá comparecer no Xulgado de Instrución número un de Caldas de Reis o próximo 4 de marzo para someterse a un xuízo rápido.
A Garda Civil de Tráfico de Pontevedra tamén interceptou o pasado 22 de febreiro a un turismo Seat León cando circulaba a 124 quilómetros por hora nun tramo limitado a 50 km/h na travesía de Ribadumia. Neste caso foi denunciado administrativamente cunha sanción de 600 euros e a perda de 6 puntos.