O Pazo dos Mariño de Lobeira, do século XVIII e en ruínas, á venda por 1,5 millóns
O Pazo dos Mariño de Lobeira, construído en 1771 sobre unha edificación anterior que databa do século XVI e actualmente en ruínas, saíu á venda por 1,45 millóns de euros.
A construción tena á venda a inmobiliaria Engel & Völkers e ofértase en portais como Idealista, no que xa se advirte que "está en estado ruinoso, polo que é necesaria a súa completa rehabilitación".
De feito, en decembro de 2015, a Comisión Territorial de Patrimonio Histórico da Xunta de Galicia acordou autorizar a súa declaración de ruína, condicionada á presentación dun proxecto de demolición e consolidación das estruturas e dun proxecto de reedificación.
En xaneiro de 2016, servizos técnicos do Concello de Pontevedra certificaron que parte da estrutura de madeira colapsou, arrastrando parte da cuberta ao interior da edificación e que outra parte dá estrutura ofrecía perigo de colapso. E obrigouse a apuntalar e baleirar.
Este emblemático edificio está situado na rúa César Boente e conta cun arco que dá á Praza da Pedreira. O Plan Especial de Protección e Reforma Interior e Conservación Artística (PEPRICA) outórgalle un nivel de protección estrutural.
Ademais do Pazo, sae á venda un terreo duns 120 metros cadrados. Ese terreo está totalmente cheo de maleza, segundo pódese comprobar nas fotografías que acompañan ao anuncio de venda.
O edificio mantén a fachada exterior, pero leva moito tempo abandonado e xa hai 13 anos, en 2011, sufriu desprendementos no interior e o servizo de Disciplina Urbanística ordenou o desmonte parcial da cuberta e o seu valado. Desde entón, a deterioración seguiu avanzando.
O escritor, investigador e divulgador da historia local pontevedresa José Benito García Iglesias abordou a historia deste Pazo neste texto publicado por PontevedraViva en 2017.
Relacionadas:
-
Cortado o acceso á praza da Pedreira pola caída de cascotes no arco
Por Oskar Viéitez |
-
Empezan a baleirar e apontoar o Pazo Mariño de Lobeira
Por Redacción |
-
Ordenan retirar os entullos e apuntalar o Pazo Mariño de Lobeira
Por Redacción |
-
Patrimonio autoriza a declaración de ruína "condicionada" do Pazo Mariño de Lobeira
Por Redacción |