CC.OO trasladará ao CES que máis do 83% das empresas en Pontevedra non superan os dous empregados
Por Anxo Lourido
Este xoves 6 está prevista unha reunión do Consello Económico e Social de Pontevedra (CES) onde se analizará a situación socio-laboral e económica no municipio.
Este mércores, Amelia Pérez, secretaria xeral de CCOO Galicia e José Luis García Pedrosa, secretario de organización comarcal, sinalaban que nese encontro, solicitado por este sindicato, presentarán un informe que elaboraron utilizando información do Instituto Galego de Estatística e que, segundo indican, ofrece "datos preocupantes".
Aseguran que a taxa de paro en Pontevedra atópase no 17,4%, respecto a a que presenta Galicia de 10,4%.
O sector servizos continúa sendo predominante cun "nivel cativo" por parte da construción e a industria.
José Luis García Pedrosa indicaba que, a pesar de que o Concello non é a organización responsable de xerar emprego, si depende da dirección en que actúe para incentivar os sectores. "Pode remar a favor e non remar en contra", apuntaba tamén a secretaria xeral de CCOO en Galicia.
Alertou de que só existen no municipio catro empresas con máis de 250 empregados e iso contribúe a unha estrutura de emprego que ofrece "condicións doadas para que haxa precariedade" no ámbito laboral.
Sitúan en máis do 83% o número de empresas que teñen dous ou menos traballadores e, segundo aseguraba Pedrosa, prodúcense "practicas nesas empresas que son de carácter feudal" sen, por exemplo, conceder vacacións ao persoal.
Ante esta situación pedirán ao CES unha reflexión para fomentar a reindustrialización da comarca, segundo avanzaba Amelia Pérez.
Ambos os dirixentes sindicais lembraron que en Pontevedra existe un conflito laboral desde hai tempo e entenden que é necesario manter convocatorias periódicas do CES para debater os temas económicos coa presidencia do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.
Desde este sindicato lembran que presentaron un contencioso administrativo contra os orzamentos municipais deste ano, situación que se produce por "primeira vez na historia", apuntou Pedrosa, quen criticou que as alegacións presentadas a este documento resolvéronse por resolución da alcaldía sen someterse a consideración do pleno municipal.
Relacionadas:
-
CCOO esixe ao Concello que cumpra coas sentenzas firmes que afectan a retribucións da Policía Local
Por Oskar Viéitez |
-
Un 1 de maio "especial" pola "confrontación" política, que CCOO pide rebaixar para que "se sitúe en primeiro plano" a defensa da clase obreira
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
CCOO demandará este 1 de maio pleno emprego, mellores salarios e industria na comarca
Por Anxo Lourido |