A música, protagonista do San Xoán de Soutomaior con Dakidarría, Festicultores Troupe e a Orquestra Claxxon
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A música vai ter este ano un protagonismo especial na programación do San Xoán de Soutomaior, que incluirá dous días de actividades, o sábado 22 e o domingo 23 de xuño.
O alcalde, Manu Lourenzo, presentou este martes a programación e avanzou que incluirá as actuacións de Dakidarría, Festicultores Troupe e a Orquestra Claxxon no Peirao de Arcade.
O sábado 22 actuará Festicultores Troupe a partir das 20.30 horas e Dakidaría a partir das 23.00. O día 23, a festa correrá a cargo da Orquestra Claxxon, que actuará, en realidade, xa o día 24, pois empezará pasada a medianoite, ás 00.30 horas.
A programación inaugurarase o sábado 22 ás 18:30 con inchables no peirao e o domingo 23 comezará ás 20:00 cun obradoiro interactivo sobre as herbas de San Xoán e a partir das 21:00 horas haberá sardiñada e churrascada a prezos populares.
O domingo Hípica Celta desenvolverá o espectáculo infantil e familiar 'Gran espectáculo de maxia celta' ás 21:00 horas e o espectáculo 'A queima da fachada' a partir das 22:30.
Ás 00:00 procederase ao acendido das fogueiras, unha para adultos e outra para público infantil.
Durante os dous días de festa, haberá un punto informativo 'A que xogas?', co que se pretende concienciar á mocidade sobre os efectos negativos do consumo de alcol e drogas.
Ademais, ao abeiro do programa ‘Soutomaior Inclusivo’, levaranse a cabo diferentes medidas para garantir que toda a veciñanza goce por igual: haberá cascos anti-ruído, unha plataforma para que as persoas con mobilidade reducida poidan desfrutar dos concertos e, como gran novidade, as fogueiras estarán adaptadas para que as persoas con mobilidade reducida e con diversidade funcional tamén poidan facer o tradicional salto de San Xoán.
Relacionadas:
-
Nace 'A Orghullosa', a festa das identidades diversas e disidentes
Por Oskar Viéitez |
-
Queres facer unha fogueira privada en San Xoán? Xa o podes comunicar no Concello
Por Redacción |
-
Nace a marca Enoturismo de Soutomaior, para englobar todas as actividades vencelladas co albariño
Por Redacción |
-
Esgotadas as prazas dos dous campamentos para a mocidade ofertados en Soutomaior
Por Redacción |