Un incendio iniciado nun coche fúnebre calcina dous vehículos en Conde Bugallal
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2ad/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/665f208dd4-conde-bugalla.jpg)
© PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/57f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/665f285bc5-whatsapp-image-2024-06-04-at-16.41.22.jpeg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c3d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/665f427703-whatsapp-image-2024-06-04-at-17.50.20.jpeg)
© Policía Local de Pontevedra
Un aparatoso incendio calcinou á primeira hora da tarde deste martes dous vehículos na rúa Conde Bugallal de Pontevedra.
O lume comezou nun coche fúnebre, pero as lapas afectaron tamén o coche aparcado xusto á beira e ambos os vehículos quedaron calcinados.
Aínda que nun primeiro momento a Policía Local tivo constancia de que o coche fúnebre empezou a arder cando estaba aparcado e non levaba ningún cadáver dentro, as informacións policiais logradas posteriormente revelaron que o vehículo estaba en marcha e cheo cando o condutor empezou a notar problemas.
Así, segundo fontes oficiais, o condutor estaba a realizar un servizo cando, mentres circulaba, notou un ruído raro no coche e decidiu parar nun aparcamento de Conde Bugallal. Cando saíu do coche, viu que saía fume e o primeiro que fixo foi sacar o corpo que levaba dentro e gardalo nun centro de diálise situado nas inmediacións.
Desta forma, logrou sacar o cadáver e, xusto despois, o coche empezou a arder. A continuación, afectou ao vehiculo aparcado á beira e arderon ambos.
Ata o lugar desprazáronse sobre as 15.30 horas da tarde efectivos dos Bombeiros de Pontevedra e da Policía Local, que confirmaron que non hai que lamentar danos persoais, só materiais.
O fume negro iniciado neste incendio podía distinguirse desde distintas zonas de Pontevedra, causando gran alarma social.