Sanxenxo aposta pola plataforma única e preferencia peonil na contorna de Baltar
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/814/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/665b172fe7-ru-a-infanteri-a-da-marin-a.jpg)
© Concello de Sanxenxo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8a1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/665b179556-ru-a-barrosa.jpg)
© Concello de Sanxenxo
O Concello de Sanxenxo conta xa cun proxecto para humanizar as rúas Barrosa, Virxe do Carme e Infantería da Mariña en Baltar, en Portonovo.
Trátase dunha actuación na que está prevista un investimento de preto de dous millóns de euros financiada dentro do Plan Ágora da Deputación de Pontevedra.
Nos tres viarios, avanza o goberno local, apostarase por poñer en valor o espazo urbano e a preferencia peonil en convivencia cos vehículos a través de plataformas únicas.
En concreto na Rúa Barrosa e en Infantería da Mariña manterase o dobre carril pero coa citada plataforma única, cun deseño que limitará a velocidade de circulación do tráfico rodado. A actuación repetirase no caso da Rúa Virxe do Carme.
Sinala o Concello que uno dos principais obxectivos do proxecto é reducir o espazo público ocupado polos vehículos e promover modos de circulación alternativos, así como reducir a velocidade nas vías, creando zonas de circulación acougada e zonas de convivencia e prioridade peonil.
Ademais a actuación prevé o soterramento das redes de iluminación pública, a substitución de luminarias por lámpadas LED e a retirada do cableado aéreo e dos soportes.