O Rotary Club recoñece á empresa Connorsa co Premio Servir
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Liceo Casino de Pontevedra acolleu este venres a XXIV edición da entrega do Premio Servir que entrega o Rotary Club de Pontevedra.
Trátase dun evento que pretende recoñecer o labor dunha entidade ou empresa da comarca que demostrase méritos sociais ou empresariais en beneficio da comunidade.
Nesta ocasión o recoñecemento recaeu na empresa Connorsa, especializada na fabricación de conservas de peixe.
O evento tivo ademais un compoñente solidario, ao levar a cabo unha recadación de fondos destinada ao proxecto Newman & Friends da parroquia Virxe do Camiño.