Acampada, excursións e xogos, a oferta lúdica da Semana Máxica de Poio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Tres días de acampada con xogos grupais, obradoiros, excursións, veladas nocturnas e moita diversión. É o que ofrecerá a Semana Máxica de Poio, un programa lúdico destinado a nenos e nenas que estuden quinto ou sexto de primaria e primeiro ou segundo da ESO.
Esta actividade, que é gratuíta e subvencionada polo Concello a través do departamento municipal de mocidade, desenvolverase na escola de Tarrío, en Samieira.
Haberá dúas quendas de 25 prazas cada unha. A primeira, para o alumnado de primaria, será do 5 ao 7 de agosto, e a segunda, para secundaria, do 7 ao 9 de agosto.
As persoas participantes disporán de aloxamento na escola de Tarrío, manutención en réxime de pensión completa, diferentes actividades recreativas, entre as que se inclúen sendeirismo, expresión plástica ou xogos, e todo o material necesario para o seu desenvolvemento.
O prazo para inscribirse abrirá o próximo luns 3 de xuño, a través da sede electrónica do Concello de Poio ou de xeito presencial no rexistro xeral da Casa do Concello.
Tamara González, concelleira de Mocidade, recordou que o verán "é momento de xogos, de coñecer e interactuar con xente, de facer novos amigos e, sobre todo, de compartir momentos de lecer", de aí que esa actividade sexa tan importante para gozar ao máximo das vacacións.
Relacionadas:
-
Xogos para coñecerse antes de coincidir no instituto
Por Redacción |
-
Novo equipo de lavado a presión para a limpeza viaria de Poio
Por Redacción |
-
O martes 14 ábrese o prazo de inscrición para as ludotecas gratuítas de verán
Por Redacción |
-
Poio conta con máis de 200 familias numerosas
Por Redacción |