Unha andaina permitirá coñecer como afectará a A-57 á contorna natural de Xeve e Bora
Por Redacción
A plataforma de afectados pola segunda fase da autovía A-57 ao seu paso polas parroquias de Xeve e Bora e a asociación Amigas da Terra organizan este domingo 2 de xuño un roteiro guiado para reivindicar os valores naturais da ribeira do Lérez que se verían afectados se este proxecto se materializa.
O divulgador ambiental Antón Lois e o biólogo Xoán Pousa, do colectivo ecoloxista Amigas da Terra, guiarán o paseo, que partirá ás 10.30 horas da ITV de Bora.
En base aos informes do proxecto e a Declaración de Impacto Ambiental, a plataforma calcula que o segundo tramo da A-57 danaría 6.000 metros cadrados de territorio protexido nas inmediacións do Lérez e afectaría as especies de flora e fauna na contorna do leito. O informe ambiental aprobado polo Goberno recoñece a posibilidade de verteduras ao río durante as obras.
Coincidindo coa proximidade do Día do Medio ambiente o 5 de xuño, veciños da zona e visitantes poderán pasear entre árbores, co son do río e dos paxaros que habitan a zona e que serían expulsados da súa contorna natural polas obras.
Fervenzas naturais no curso do río, muíños de auga tradicionais e especies autóctonas como o mexillón de río serán as protagonistas dun percorrido de dúas horas de duración pola senda do Lérez, accesible e sen dificultade, apto para toda a familia.
Os partidos políticos con representación municipal foron convidados á actividade, que tamén está aberta á cidadanía.
As persoas que queiran asistir poden inscribirse na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeiz8r3p-kSH8jXyjdqBJ-C8g_pKvYAIinLg3OK2IFy3e_AYw/viewform.Tamén é posible a inscrición a través dos carteis con códigos QR dispoñibles nas redes sociais da plataforma.
Relacionadas:
-
Preto de 150 persoas participan na terceira andaina reivindicativa da Plataforma de Afectados pola A-57
Por Redacción |
-
Domínguez visita a "lesiva e innecesaria" A-57 con veciños de Bora e Xeve
Por Redacción |
-
O PP critica a "resposta evasiva" do Goberno central para seguir coa autovía A-57
Por Oskar Viéitez |
-
A campaña "Salva o Lérez. Stop A-57" recadou nun mes 10.030 euros
Por Oskar Viéitez |
-
Adega pide diñeiro para frear a A-57 nos tribunais
Por Redacción |
-
Poesía contra a construción da A-57
Por Redacción |
-
Unha 'andaina' e camelias para reivindicar un rural libre da autovía A-57
Por Redacción & Cristina Saiz |