Un motorista resulta ferido tras chocar cun vehículo en Nantes
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha persoa tivo que ser evacuada polas emerxencias sanitarias tras un accidente de circulación acontecido este martes no lugar da Cachada, en Nantes.
O ferido é un motorista que chocou frontolateralmente cun vehículo.
A colisión entre o coche e a moto produciuse ao redor das 17.10 horas da tarde,
Debido ao golpe, o motorista foi trasladado ao Hospital de Montecelo de Pontevedra, segundo informa o Concello de Sanxenxo.