Intervención de limpeza intensiva na avenida do Uruguai
Por Redacción
A concellería de Limpeza do Concello de Pontevedra, que dirixe Xaquín Moreda, ten previsto finalizar esta semana a intervención de limpeza profunda na avenida do Uruguai, nas proximidades aos edificios.
A actuación levará a cabo na madrugada do xoves 30 de maio.
A zona de estacionamento quedará valada durante a semana con prohibición de aparcamento nas horas previas ao comezo dos traballos.
Os vehículos que continúen estacionados na zona serán retirados polo guindastre municipal.
Está previsto que os traballos se executen con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como na cuneta e na calzada.
Desde a concellería solicítase o entendemento por parte das persoas usuarias para garantir un bo resultado durante estes traballos que se realizan de maneira periódica.