Experiencia de inmersión lingüística entre O Toural e a localidade alemá de Braunschweig
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/632/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66556d265b-007.jpg)
© CPI do Toural
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/a1c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66556d250e-003.jpg)
© CPI do Toural
Un grupo de 22 estudantes de Secundaria do Gymnasium Raabeschule, da localidade alemá de Braunschweig, atópanse en Vilaboa durante estas últimas semanas do mes de maio participando con estudantes da ESO do C.P.I. do Toural nun proxecto de inmersión lingüística para practicar castelán e inglés.
Durante estas xornadas de convivencia desenvolven actividadades culturais, educativas e prácticas diarias de idioma co obxectivo de interaccionar para mellorar as habilidades comunicativas en Lingua Española, da mesma maneira que o grupo de estudantes do CPI do Toural realizaron na súa visita a Alemaña para practicar inglés.
O alumnado e profesorado alemán conviven coas familias galegas e participan da vida escolar compartindo experiencias en clases de historia, educación física, tecnoloxía ou educación artística, ademais das relacionadas cos idiomas.
Durante a súa estancia visitaron a contorna natural das Salinas do Ulló, en Vilaboa; a cidade de Santiago de Compostela e o porto do Grove cunha viaxe en catamarán pola Ría de Arousa.
Ao longo dos próximos días seguirán coñecendo Vilaboa con viaxes a outros puntos da provincia como Combarro, Castro de Santa Trega e Baiona.
Convivencia de estudantes do CPI do Toural con alumnado de Secundaria do Gymnasium Raabeschule
Trátase dunha actividade de inmersión lingüística entre Vilaboa e a cidade alemá de Braunschweig,
© CPI do Toural