Empezan os ensaios para a gran cantada colectiva do 9 de agosto
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
O 9 de agosto terá lugar unha nova edición da exitosa iniciativa denominada "Aquí cántase", unha quedada para interpretar cancións populares en masa nas prazas da cidade. Organízao o Concello de Pontevedra de man da Asociación Maravallada.
Para participar non fai falta ter coñecementos musicais previos, nin sequera é necesario ter unha gran voz, tan só ganas de gozar da música e participar nun espectáculo orixinal e único en catro prazas do centro histórico: Teucro, Curros Enríquez, Charino (nas escaleiras do Teatro Principal) e na Praza de Santa María.
Interpretaranse 20 cancións do repertorio da música tradicional galega. Repartiranse as letras entre todos os presentes.
Haberá catro ensaios abertos, en horario de 20.30 ás 22 horas. O 29 de maio e 12 e 26 de xuño no Centro CUltural do Gorgullon e o 5 e 19 de xuño no Centro Cultural do Burgo. O 31 de xullo será o ensaio xeral no Centro do Burgo.
Aquí Cántase 2023
© Mónica Patxot