Falece un animal de compañía no incendio dunha habitación no barrio de San Pedro
Por Redacción
Unha habitación ardía por completo no barrio de San Pedro de Marín.
O incendio rexistrábase este venres 24, pasadas as 21.00 horas.
Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informaban os Bombeiros do Morrazo, Policía Nacional e Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Marín desta incidencia.
Os bombeiros interviñan na vivenda e comprobaban que o lume calcinara a habitación enteira do domicilio e o fume afectara a todo o domicilio. Foron necesarios labores de ventilación.
Ademais, como consecuencia do incendio, o servizo de Emerxencias informa do falecemento dun animal de compañía.
Segundo as primeiras investigacións, o foco inicial das lapas sitúase nun curtocircuíto que se rexistraba nun computador situado na habitación.
Relacionadas:
-
Dúas persoas trasladadas a Montecelo por inhalación de fume nun "aparatoso" incendio nun piso de Marín
Por Anxo Lourido |
-
A Xunta prohibe as queimas desde este xoves
Por Oskar Viéitez |
-
Aparatoso incendio nun garaxe de Marín
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Detido un incendiario reincidente por volver queimar contedores en Marín
Por Natalia Puga |
-
O servizo municipal de Emerxencias terá un 50% máis de orzamento en 2024
Por Redacción |
-
Os bombeiros sufocan un incendio nun baixo e desaloxan un edificio de Marín
Por Redacción |