Os estudantes de Erasmus reparten cariño na praza da Peregrina
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
"La ciudad me parece increíble, es muy chica pero hay muchos lugares que ver. Lo que no me gusta es el clima porque llueve mucho y cuando estás a punto de salir, te agarra la lluvia y ya no puedes hacer nada", así exprésase Javier Michel Salgado, un dos quince estudantes mexicanos de Erasmus que se encontran en Pontevedra e un dos máis activos. A chuvia sorprendeuno xunto aos seus compañeiros en plena fase de cariño cando, a través da Erasmus Student Network (ESN), comezaban a ofrecer apertas aos paseantes que durante a tarde-noite deste martes 24 se achegaron pola praza da Peregrina.
"Tentamos dar unha imaxe real duns estudantes que van estar por un ano e o que queren, ademais de saír e coñecer a cultura, relacionarse coa xente de igual a igual" explica Sergio Lorenzo, responsable do campus de Pontevedra de ESN.
Con esta idea, os mozos comezaron a achegarse ás persoas que circulaban pola zona baixo o paraugas. "Apenas supe de esta iniciativa, vi un vídeo y dije: tengo que estar ahí porque me parece increíble. Estoy un poco nervioso porque no sé cómo la gente va a reaccionar pero es necesario para que la gente abra la mente", comenta Javier Michel Salgado, que leva unha cartolina elaborada por el na que se expresa o irmandamento entre México e España. Este estudante afirma que se ten unha visión distorsionada dos estudantes Erasmus: "no vamos a fiestas sino a actividades culturales, muchas de ellas para conocer la historia y las costumbres de Galicia. Aunque eso depende de cada persona".
Coa intención de conseguir que estes mozos de países como Alemaña, México ou Estados Unidos se sentan máis integrados, o colectivo ten previsto poñer en marcha outras actividades como a recollida de tapóns con fins solidarios ou a limpeza dun tramo do río Gafos en colaboración coa asociación Vaipolorío.
Estudantes de Erasmus reparten apertas na Praza da Peregrina
Un grupo dunha decena de estudantes dedicouse a ofrecer apertas gratuítas aos paseantes dentro dunha actividade social co obxectivo de integrarse entre a sociedade pontevedresa para que vexan con "mellores ollos " aos estudantes de Erasmus
© Mónica Patxot