Carmela González xubílase con celebración en Soutomaior tras 42 anos traballando no PP provincial
Por Redacción
Carmela González, veciña de Pontevedra, é unha traballadora que desde 1982 leva traballando no Partido Popular Provincial realizando diversas funcións.
Tras 42 anos traballando de maneira incansable, este xoves celebraba a súa xubilación, que se fixo efectiva despois das eleccións autonómicas, cunha comida de despedida no Castelo de Soutomaior.
Ao acto asistiron diferentes cargos dentro do Partido Popular de Galicia como Paula Prado, secretaria xeral do PPdeG; Luisa Piñeiro, secretaria xeral provincial do PP; Luis López, presidente da Deputación de Pontevedra e presidente provincial do partido; e o deputado europeo Francisco Millán Mon.
Tamén asistiron, entre outras autoridades, os conselleiros da provincia José López Campos, titular de Cultura, Lingua e Xuventude; e Román Rodríguez, conselleiro de Educación.
Dos 61 municipios da provincia foi un representante a este cita chegando a sumar a máis de duascentas persoas nesta despedida laboral á recoñecida traballadora, segundo indican os seus compañeiros.