Un camión tira abaixo un tendido de telefonía en Vilalonga
![Anxo](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/de8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5ea1c6e445-_dsc1161.jpg)
Por Anxo Lourido
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d41/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/664ce494e9-000.jpg)
© Concello de Sanxenxo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/048/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/664ce535bb-001.jpg)
© Concello de Sanxenxo
Cables situados a baixa altura e un camión de grandes dimensións foron as dúas circunstancias que coincidiron na tarde deste martes 21 no lugar da Salgueira, na parroquia de Vilalonga, en Sanxenxo.
A Policía Local e persoal do servizo de Emerxencias de Sanxenxo foron requeridos para achegarse ao lugar ante a situación orixinada polo derrubamento do cableado da liña de telefonía, segundo informa o Concello de Sanxenxo.
O camión ao quedar enganchado nos cables provocou a súa rotura e arrastrou un poste de telefonía, que finalmente tamén rompeu.
No suceso non se produciron danos persoais. E, segundo o Concello de Sanxenxo, o corte na liña telefónica só afectou a tres vivendas.
O 22 de abril tamén se rexistraba un suceso similar na mesma parroquia de Vilalonga cando un camión impactaba contra un poste e provocaba o desprendemento do cableado do tendido eléctrico. Foi necesario avisar ás compañías responsables da conexión eléctrica e de telefonía para reinstalar o tendido.