Alumnado do Juan XXIII mellora a súa técnica coa Agrupación de Petanqueiros
Por Oskar Viéitez
Un grupo de mozos da asociación Juan XXIII participou xunto á Agrupación de Petanqueiros de Pontevedra nunha xornada de promoción deste xogo popular.
O encontro tivo lugar nas pistas do Centro Sur, no barrio de Campolongo.
Esta actividade enmárcase no labor de divulgación e promoción asumida pola Agrupación de Petanqueiros de Pontevedra nos distintos centros educativos do municipio para explicar as bases deste xogo, tanto as regras como algunhas técnicas e trucos.
O obxectivo é lanzar bólas o máis preto posible dun boliche, lanzado anteriormente por un xogador, con ambos os pés no chan e en posición estática desde unha determinada zona. Precisamente, o seu nome procede da expresión "pè(s) tancats" ("pés xuntos") en lingua provenzal.
O número de petanqueiros en Pontevedra segue crecendo grazas a este constante labor de promoción que este martes continúa co alumnado do colexio San Martiño de Salcedo, e o xoves 23 de maio, seguirá co alumnado do colexio Cabanas de Salcedo e o 10 de xuño, co colexio San José.
Relacionadas:
-
Sesións abertas a escolares "para tentar que a petanca non sexa un xogo de xente maior"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Os 'petanqueiros' volven á competición cunha liga que suma xa dezasete equipos
Por Redacción |
-
O número de petanqueiros segue a crecer en Pontevedra e consolidan a súa agrupación
Por Oskar Viéitez |