Coñecer Santa Clara, un "privilexio" para unha vintena de arquitectos internacionais
Por Redacción
O Convento de Santa Clara foi escenario este xoves dunha visita moi internacional, cunha vintena de arquitectos chegados desde diferentes partes do mundo.
Tratábase dun grupo vinculado á Escola de Arquitectura de Oslo e integrado por profesores universitarios, directivos de escolas de arte, comisarios de exposicións e promotores de festivais de cinema de arquitectura de Alemaña, Estados Unidos, Noruega e Reino Unido.
Todos eles estaban relacionados cun proxecto investigador sobre a proxección do patrimonio histórico no futuro, e segundo a Deputación de Pontevedra, que exerceu de guía, resaltaron o "privilexio" de coñecer Santa Clara e o proxecto de reforma e conservación que está previsto acometer para integralo dentro do Museo de Pontevedra.
A expedición estivo acompañada polo vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, para quen esta visita supón un paso máis para "converter a Pontevedra nun espazo cultural de relevancia internacional, co Museo como faro e Santa Clara como puntal".
A visita foi organizada pola Fundación RIA, vinculada ao recoñecido arquitecto David Chipperfield.
Relacionadas:
-
Reforzarán a seguridade do edificio que alberga o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico
Por Redacción |
-
Corenta persoas estrean a nova xeira de visitas guiadas a Santa Clara
Por Redacción |
-
As inscricións para visitar o convento de Santa Clara abrirán o martes
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra intégrase en CODART, unha rede de curadores de arte de máis de 300 museos de 50 países do mundo
Por Redacción |
-
Abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura” de Alfonso Deus
Por Redacción |
-
A Fundación RIA, de David Chipperfield, organiza unha visita de arquitectos a Santa Clara
Por Redacción |
-
Nova ronda de visitas guiadas ao recinto conventual de Santa Clara
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O antigo convento de Santa Clara contará con dous novos puntos de acceso despois da súa rehabilitación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |