Loli celebra os seus 90 anos tras tres lustros asistindo sen interrupción a Expresión Corporal
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dolores Cendón Tomé, máis coñecida como Loli, é unha socia voluntaria do Espazo +60 de Afundación en Pontevedra.
Este xoves celebraba os seus 90 anos e todas as persoas que comparten con ela actividades neste espazo acompañárona na conmemoración.
Loli é recoñecida por todos porque leva máis de quince anos sen faltar un só día á actividade de Expresión Corporal.
Con esta actividade, ela mantense activa e tamén tenta que todas as persoas que a acompañen se amosen alegres e optimistas.
Estas sesións forman parte do programa 'O valor da experiencia', unha proposta para aproveitar o talento e coñecementos vitais e profesionais dos participantes para fomentar iniciativas entre as persoas de idade avanzada.