Queixas polo deterioro do parque de Ánkar en San Salvador de Poio
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O malestar da veciñanza e das persoas usuarias do parque Ánkar trasladábase este martes á Comisión de Urbanismo do Concello de Poio por parte do BNG.
Afirman que se rexistran danos causados na contorna deste recinto debido á instalación de infraestruturas para a celebración de diversos eventos neste espazo.
Por este motivo, Marga Caldas, portavoz municipal, esixe ao goberno local un maior control das actividades privadas que se desenvolven neste espazo público "porque súa é a obriga de que estean nas mellores condicións posibeis".
A representante nacionalista acusa o goberno do Partido Popular de deixar abandonados os espazos verdes "sen seguimento e sen mantemento".
Demandan un control ás empresas que poñen en marcha actividades nos espazos públicos que manteñan o coidado da contorna.
Por este motivo, Caldas reclamou ao goberno municipal liderado por Ángel Moldes que lle esixa a estas empresas que asuman os danos que ocasionen nestes espazos.