Bombeiros de Pontevedra excarceran un condutor que se saíu da estrada en Campañó
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O 112 informou dun accidente de tráfico cunha persoa ferida en Pontevedra ás 6:16 horas deste luns. Foi unha patrulla da Garda Civil a que atopou o coche sinistrado.
O accidente consistiu nunha saída de vía no quilómetro 3 da estrada autonómica PO-531, entre Pontevedra - Vilagarcía, á altura da parroquia pontevedresa de Campañó.
Un Renault Megane que circulaba en dirección á capital colidiu frontalmente contra un dos piares da ponte que sobrevoa a estrada no lugar do Rivero que da acceso a capela de San Paio..
Os Bombeiros de Pontevedra tiveron que intervir para excarcerar o condutor e único ocupante do vehículo que quedara atrapado polas pernas tras o forte impacto. O ferido é un mozo de 28 anos coas iniciais J. L. M. G. Está ingresado no hospital Miguel Domínguez con traumatismo cranioencefálico e unha fractura de fémur, o seu estado é grave.
Mentres se desenvolveron os labores de rescate, durante pouco menos dunha hora, o trafico tivo que ser regulado pola Garda Civil.