Multitudinaria asistencia á concentración moteira de Plantallelume en Xeve
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Motoclub Plantallelume celebrou esta fin de semana a oitava edición da súa “Xuntanza moteira de Xeve” que contou cunha asistencia multitudinaria.
Segundo os organizadores foron entre 12.000 e 15.000 os asistentes a este evento que arrincou o pasado venres cunha festa con DJ Milucho.
O sábado foi o día grande desta concentración. A programación comezou cunha sesión vermú con pulpeiro e continuou pola tarde cun roteiro turístico e ao seu regreso foi a proba de son e resistencia.
Para comer houbo pizzas, hamburguesas, churrasco, bocadillos e salchichas americanas.
Un touro mecánico, inchables, unha exhibición de enduro e un roteiro nocturno con fachos foron outras das actividades celebradas que se completaron con moita festa a partir das 23.00 horas con DJ Pitty. Ás 01.00 horas tivo lugar a actuación de Kiko Rivera e ás 03.00 da madrugada DJ Milucho seguiu animando a velada.