Fiscalía pide o ingreso nun psiquiátrico para un esquizofrénico que intentou acoitelar ao seu veciño
Por Oskar Viéitez
A sección segunda da Audiencia provincial de Pontevedra xulgará mañá a un veciño de Cangas para o que a Fiscalía pide o ingreso nun psiquiátrico por intentou acoitelar ao seu veciño.
O acusado J.M.F.E. atópase afectado por esquizofrenia paranoide, con deterioro cognitivo, e segundo a fiscalía no momento dos feitos "atopábase cun transtorno psicótico con ideación delirante", a cal afectáballe de forma tal que lle impedía coñecer o alcande dos seus feitos, "tendo anuladas as súas capacidades intelectivas e volitivas".
Neste estado mental, o día 24 de novembro de 2011, en torno ás 14:15 horas, dirixiuse ao seu veciño e "coa intención de causarlle a morte" iniciou unha discusión no curso da cal sacou unha navaja intentando cravarlla no pescozo.
Ante a forte resistencia oposta pola vítima o agresor tan só chegou a producirlle cortes superficiais na man e o pescozo.
O acusado foi privado de liberdade como consecuencia do ingreso voluntario trala detención, acordando o xuíz a prisión atenuada.
O Minsiterio fiscal entende que estes feitos constitúen un delito de intento de homicidio, concorrendo a eximente completa de alteración psíquica, polo que socilita ao tribunal que impoña ao acusado a medida de seguridade de internamiento nun centro pisquiátrico en réxime pechado adecuado ao transtorno que padece por tempo non superior a 9 anos.
Ademais o fiscal demanda como liberdade vixiada a prohibición de entrar no término municipal de Cangas, así como aproximarse a menos de 200 metros da vítima por un período de tempo non superior a 15 anos.
En concepto de responsabilidade civil pídese o pago dunha indemnización de 1.620 euros polos danos causados nas roupas e un reloxo que portaba o agredido.