Conta atrás para o 50 aniversario da Festa do Salmón, unha experiencia gastronómica única
Somérxete nunha experiencia gastronómica única no 50 aniversario da Festa do Salmón.
Do 16 ao 18 de maio, os amantes da boa comida poderán deleitarse con tapas únicas nos 22 locais participantes, onde o protagonista será o rei do río.
O domingo 19, na Praza do Mercado celebrarase a degustación popular, onde se ofrecerán 5.000 racións de delicias de salmón.
Ademais, non perdas a oportunidade de ser testemuña do pregón das Letras Galegas a cargo do renomeado historiador Luis Ferro Pego, que recibirá o Salmón de Ouro xunto a Simón Couceiro e Argentinos Burguer.
De maneira complementaria, durante toda a fin de semana, a Fundación de Exposicións e Congresos converterase nun escaparate turístico no que se dan a man os concellos polos que pasa o caudaloso río, mostrando o seu potencial; co GastroTur do Ulla.
Actividades deportivas, culturais, música en directo… e moitas sorpresas! Non perdas esta oportunidade de gozar da mellor gastronomía local e celebrar medio século de tradición!