Piden colaboración cidadá para localizar o material roubado ao pallaso Rudi Dudi
Por Redacción
O coñecido pallaso Rudi Dudi foi vítima dun roubo en Poio. A Policía Local pediu a colaboración cidadá para localizar o material de traballo que lle sustraeron.
O roubo produciuse, segundo informa o corpo municipal, no interior do seu coche, que estaba aparcado o pasado xoves pola noite na Rúa Adro, na parroquia de San Salvador.
Entre outros efectos, os ladróns levaron un equipo de son, cables e micrófonos, unha maleta laranxa con roupa de pallaso, falsas escocesas e un sombreiro.
A Policía Local apela a esta colaboración cidadá para axudar a este veciño de Poio e pide que se alguén sabe algo deste roubo comuníqueo ás autoridades.